BONO TURÍSTICO XUNTA DE GALICIA
«TEMPO DE VOAR…»
Xa tes a túa tarxeta de Bono Turístico de Abanca da Xunta de Galicia… e agora…
Cal é o teu mellor plan?
Pois moi sinxelo…
«É TEMPO DE VOAR»
En Nidos de Carnota estámoste agardando para que disfrutes dunha estancia de ensoño que de seguro deixará a súa pegada para sempre…
Sumérxete no corazón da Costa da Morte en plena Natureza, onde tódolo que necesitas para desconectar da rutina diaria se aliña para ti. Un lugar ónde o tempo se detén, un paraíso para contemplar, para que a imaxinación abra as súas ás, para soñar, … un remanso de paz inigualable.
Almorza escoitando as aves do noso entorno mentres danzan no aire para ti cos seus asubíos, deixa vencer ó corpo nun reconfortante baño de sales minerais no teu jacuzzi mentres contemplas os 7 km da fermosa praia de Carnota bicando a envolvente e máxica posta de Sol que cada noitiña aniña nos corazóns, mentras se abre paso un ceo limpo, no que as estrelas locen as súas mellores galas esperando que as apadriñes mentres entre dentes e un tímido pero decidido sorriso deixas caer a frase:
Esa!, esa é a miña estrela!
A estrela que viaxará contigo sempre na imaxinación, Búscaa cada noite no ceo porque é a estrela que Nidos de Carnota che ten gardada para que a leves sempre contigo.
É TEMPO DE VOAR…